Carlos Callón, cap de llista per BNG-Nós Candidatura Galega per A Coruña
Carlos Callón, cap de llista per BNG-Nós Candidatura Galega per A Coruña
image_pdfimage_print

Carlos Callón. (Ribeira, A Coruña, 1978). De novo como número un da lista do Bloque Nacionalista Galego BNG-Nós Candidatura Galega pola Coruña ás eleccións ao Congreso dos Deputados do 26 de xuño. Filólogo de reconocido prestixio e defensor dos dereitos lingüísticos e a súa plena normalización. Ten moi claro que o eixe social e o eixe nacional son indisolubles e aposta polo dereito a decidir de todos os pobos e nacións.

Llegir l’entrevista en català

Por que é preciso que os independentistas vaian votar ás eleccións españolas?
O mellor sería que todas as persoas, sexa cal sexa a súa ideoloxía ou proxecto de convivencia, exerceran o seu dereito a voto, escollendo a papeleta que mellor encaixe coas súas aspiracións persoais. Todos os que participamos en movementos soberanistas temos que demostrar, ademais, que é importante que a nosa voz se faga presente en todas as institucións nas que neste momento se toman decisións fundamentais que nos afectan.

Cales son as principais aspiracións e demandas da plataforma BNG – Nós Candidatura Galega ao Congreso dos Deputados?
Primeiro, existir; despois, triunfar. Que a nación galega estexa presente con toda a súa problemática. Nestes momentos ningunha das institucións onde se toman decisións fundamentais para o noso país parten da nosa realidade nacional: néganse os nosos dereitos lingüísticos, desmantélanse os nosos sectores produtivos básicos, espoliase o noso aforro, etc. Necesitamos voz e voto no Congreso para avanzar no noso proxecto dun país en marcha e con futuro.

Publicitat

Rómpese España?
Levan séculos deformando a realidade para negar a diversidade nacional que hai. Pero a realidade é teimuda. As nacións existen e teñen dereito a decidir e gobernarse. É un principio democrático básico.

Assemblea Nacional Catalana (ANC), Gure Esku Dago no País Vasco, para cando o rexurdimento da Asemblea Nacional Popular Galega?
A Asemblea Nacional-Popular Galega foi xustamente a semente do que fai máis de 30 anos é o BNG, unha fronte de persoas e colectivos políticos. O Bloque Nacionalista Galego dará apoio a todo movemento social que se oriente cara á conquista da soberanía do noso pobo e a ser solidario coa loita dos outros pobos do mundo.

Vinculado como está vostede ao ámbito cultural, observou un incremento do nacionalismo galego?
A cultura galega, certamente, pasou na última década por graves ataques dende o poder, os máis graves á nosa lingua. Como resposta, tentouse reforzar dende a base o movemento cultural propio, que segue con enerxía e futuro, pero está moi debilitado, en especial no plano do apoio institucional e mediático. Por citar só un exemplo disto último, en Galiza chegaron a manifestarse 100.000 persoas para reclamar que o PP cesara as súas políticas contra o galego. 100.000 persoas. Pense na repercusión que tivo a nivel do Estado. Seremos hologramas?

Outros partidos galegos definidos como independentistas antepoñen o eixe social ao nacional. Cre vostede que se poden desvincular?
É certo que existiu un desprazamento no discurso dalgunhas formacións, que nos seus estatutos se poden declarar nacionalistas ou incluso independentistas, pero que nestes momentos teñen unha práctica política totalmente dependente do que se decide en Madrid, en concreto o espazo de Podemos. Causa especial tristura nun momento histórico como este, no que se pode abrir unha nova oportunidade para as nacións catalá, vasca e galega.
O BNG ten moi claro que o eixe social e o eixe nacional son indisolubles. Se esquecemos que se espolia o aforro galego, a nosa enerxía e os nosos impostos, a fractura social de Galiza co resto do Estado e de Europa non fará máis que medrar. Existe un rostro galego da desigualdade e iso non se soluciona con máis submisión a Madrid nin esquecendo a propia realidade pola madrileña.

Llegir l’entrevista en català